O MUNDUL - MÁS QUE UN ÁREA DE SERVICIOS, UN RESORT

O MUNDIL, MÁS QUE UN ÁREA DE SERVICIOS, UN RESORT


ESTAMOS EN LAS MEJORES GUÍAS DE CARAVANING DEL MUNDO
We are in the best of the world caravaning guides

Clases de Equitación - Equinoterapia |*| Servicio de alquiler de vehículos

domingo, 5 de junio de 2011

O escenario da Festa do Cabalo do Mundil ( Ourense), ou A Campaza


Mourille Feijoo, Enrique
Mourille Feijoo, Enrique
miércoles, 01 de junio de 2011

Cando todos os da miña quinta eramos pequenos, este lugar onde agora se ergue o magnifico complexo do Clube Hípico do Mundil conociamolo e era o lugar da Campaza. Cando nós eramos pequenos, na parroquia do Mundial só había tres cabalos: a égoa do xastre de Nogeiró, o cabalo do Cereiro de Outomuro e a besta do Cura. Non había cabalos, burros xa había máis, por aquelo de ir ao muiño, ás cotelas e aos pendóns. O que sí abundaba e se alimentaba nas fopas e codesos da Campaza era moito vacún, cáseque tres centas cabezas de gando, que alí levaban a pacer os rapaces e rapazas do pobo logo de saír da escola. 
Á Campaza os de Nogueró subían por un camiño de carro e animáis, que hoxe cruzaría a actual estradiña de Outomuro ao Viso. Os de Outomuro e o Carregal ían pola Verea ata á beira da Cruz Pintada e seguían por unhas sendas que rachaban o noso monte case pola cima da falda do lado noroeste, normalmente ata coller a Pontenova para ir á feira ou ao San Antonio do Viso, a Grixó ou a Escudeiros, neste caso a buscar moza, ou seguir ata a raia de Portugal, ao contrabando. Os de Gueral faríano polo camino que arranca por destrás do Outeiro do Campo, vai polo Outeiro do Cuco, pasa ao lado do Castro da Cidade e chega ata o O Mundil, e alí uniríanse aos de Nogueiro despois. Segindo a liña dos de Outomuro, ían outras xentes de diversos lugares e aldeas da parte alta da Terra de Montes. 
Total, que entre animáis e xente A Campaza era moi coñecida, moi socorrida e moi útil para ámbalas dúas partes. Todo en plan local agrario e máis ou menos parroquial, de concello ou de bisbarra inmediata. Pero hai moito máis. Xa daquela e dende que Deus a creou, A Campaza é un dos meirandes miradores panorámicos da fermosura da natureza, neste caso do curso afochancado do Baixo Arnoia. Este mirador xunto co de Mirós, subindo polo regato da Bría, deberían figurar en calqueira roteiro que se precie da Galiza interior. E non son sentimentos nin valoracións de veciño nado neste curruncho, senón realidade de viaxeiro algo experimentado por eses mundos de Deus.
Dende A Campaza, onde medra a carpaza boa, a fopa carmesí, o codeso morno, a brava carqueixa, o espiño e a flor do toxo azafranado, as acedas de máis abaixo, todo o mundo da fauna e maila aflora se fai pequeño e delicia na man propia ou a tiro de pedra: a fouce ( hoz ) galega do Arnoia fondo cortando co seu fío de auga fría ou quente a lozanía luxuriosa dos amieiros do chanco e subiotes, do freixo da aguillada, dos salgueiros da aspirina, dos sabugeiros blancos e recendosos do tirabolo, as sobreiras da cortiza, dos vidos e vidueiros, do escalambrón da cor verde-postre. DAs xestas da baisora e o carballo autóctono, a máis dos pinos nosos “de arume arpado”. Dos “fentos” antigos do pescado… Todo isto e moito máis, cheiro e cor sublime, únicos e impagabeis. E intranferibeis. Nosos. Desta terra do Mundil, ou de Vilar de Vacas ou de Ramirás…E logo o bruliquío des-concertante do pardao, da lavandeira, do paspallás, do xílgaro, do merlo, da rola, do cuco en primavera, da carriza cando aniña…E velaí. Dende sempre e agora posto en doble valor para “Galicia enteira” por mor do Clube Hípico O Mundil dos últimos días do hoxe desta Campaza.

Daquela, e isto é unha obliga de veciño privilexiado e bo festeiro da natureza, se vostede quere ser moi feliz un día máis na súa vida, veña aquí  a A Campaza á Festa do Cabalo este fin de semana- 4 e 5 de xuño, ou calquera outro día que vestede guste. Xa verá...