O MUNDUL - MÁS QUE UN ÁREA DE SERVICIOS, UN RESORT

O MUNDIL, MÁS QUE UN ÁREA DE SERVICIOS, UN RESORT ★★★★★


ESTAMOS EN LAS MEJORES GUÍAS DE CARAVANING DEL MUNDO
We are in the best of the world caravaning guides

Clases de Equitación - Equinoterapia |*| Servicio de alquiler de vehículos

miércoles, 10 de septiembre de 2008

«As caravanas e a hípica son actividades compatibles»

entrevista a Jaime Sousa, Presidente da Asociación de Caballistas O Mundil de Cartelle

Autor: Fina Ulloa
Fecha de publicación: 10/9/2008

O próximo sábado as instalación do clube hípico de Cartelle recibirán a preto de 300 persoas afeccionadas ao turismo en autocaravanas para inaugurar a primeira área destinada a este tipo de vehículos da provincia ourensana.

«As caravanas e a hípica son actividades compatibles»

-¿Cómo xurdiu a iniciativa?

-Teño que recoñecer que eu descoñecía este mundo, e foi simplemente charlando coa alcaldesa, que é autocaravanista tamén e que comentaba das dificultades que tiñan para atopar espazos axeitados, cando se me ocorreu que podería ser una opción interesante para completar as instalacións e aproveitar os 70.000 metros de terreo que temos e darlle uso máis días no ano a tódala infraestrutura. O que non esperábamos era converternos en pioneiros e a repercusión que ten.

-¿Vaille quitar espazo ou posibilidades á hípica?

-En absoluto. Isto é unha actividade perfectamente integrada no que é a cultura de respecto á natureza, porque é unha das singularidades dos que optan por este turismo de autocaravanas, e por riba nos reportará ingresos e axudará a seguir dinamizando o municipio. As caravanas e a hípica son actividades compatibles.

-¿Xa tiveron clientes este verán?

-Pois si, aínda que non o tiñamos publicitado, viñeron a vernos unhos dezanove caravanistas. O primeiro chegou nada menos que desde Canarias, e tamén nos apareceu un sevillano que había escoitado na praia de áncora falar a outro caravanista de que tíñamos esta instalación. Coñeceuse por Internet, que para estas cousas é increíble, e polas propias páxinas da agrupación de caravanistas galegos cos que nós nos habíamos posto en contacto para asesorarnos, porque como digo non sabíamos moito deste ámbito, que en Europa é moi extenso e move moita información por Internet. Así que cando empezamos non eramos conscientes da envergadura do que queríamos facer e do ben acollido que ía ser, foi moi parecido a cando empezamos co tema dos cabalos.

-¿É certo que tamén vai ser a máis grande de Galicia?

-Pois polo que nós sabemos si, e tamén das mellor preparadas non só de España senón incluso de Europa, polo que nos din os caravanistas que nos visitaron. O certo é que nós quixemos facer unha cousa ben feita e por iso, aparte de deixar 70 metros cadrados de espazo en cada parcela, metemos en todas as pazas a toma de corrente individual, e colocamos o das rejilla de desaugue, a carga de auga limpa, as arquetas para os servizos. A min estas cousas parecíanme normais, pero cando empezaron a chegar os visitantes todos se asombraban.

-¿Foi moita a inversión?

-Pois eu diría que tampouco, pero en parte porque nós mesmos fomos facendo moitos traballiños e polo tanto non se computan horas como si se contratara toda a obra. Eu calculo que non iríamos moito máis aló dos doce mil euros. Tamén nos axudaron dende o Inorde e a Deputación e dende Industria xa nos avanzaron que queren promocionar tamén este tipo de iniciativas no eido rural.

Fuente: